Presentaciones de la Mesa Redonda: Arqueología y Profesionalización

Presentaciones de la Mesa Redonda: Arqueología y Profesionalización

Exposición fotográfica: La Arqueología no es lo que te han contado

domingo, 26 de abril de 2009

Reaccións


En el foro sobre Arqueoloxía e Patrimonio Cultural encontramos esta interesante reflexión:

Título del mensaje: A imaxe dos arqueólogos

Acabo de enterarme de que en Ourense se van celebrar unhas xornadas arqueolóxicas o 29 e 30 de abril. Podedes consultar http://jornadasarqueologicasuvigo.blogspot.com/ para ter máis información. Estas xornadas, xunto a outras manifestacións que se están a facer nos últimos tempos lévame a facer a reflexión que aquí vos expoño, e que ten que ver coa visión que os arqueólogos están a dar á sociedade, e se esta é a única ou a maioritaria. Os arqueólogos están a loitar por convenios de arqueoloxía, porque din que as condicións de traballo non son as máis adecuadas e os soldos son moi baixos. Tamén se queixan da pouca valoración que a sociedade lles dispensa. E outro tanto de que a súa profesión se ve sempre desde un lado romántico. Estas poden ser algunhas das visións que se dan da arqueoloxía, e pregúntome se realmente iso é certo. Eu creo que iso non é totalemtne verdade. Eu tamén diría que os arqueólogos teñen bos soldos, están valorados e aportan cousas á sociedade. A visión que se ten de todo isto depende da perspectiva que se tome. Aqueles que se manifestan a favor dun soldo xusto é porque o seu soldo non é xusto. Quéixanse de que a arqueoloxía está mal pagada. Sen embargo, na maioría deses casos, os que se sinten mal pagados resulta que os seus pagadores son outros arqueólogos, que si están ben pagados. Os arqueólogos que están ben pagados cobran de promotores e de empresas privadas, que si teñen en consideración a eses arqueólogos e, estén de acordo ou non co que fan, o certo é que si os valoran. Pola contra, os arqueólogos mal pagados son mal pagados por xefes que son arqueólogos na maioría dos casos. É dicir, que se non se valora a profesión do arqueólogo é sobre todo porque non se valoran os profesionais a si mesmos. Os arqueólogos teñen bos soldos, tanto os das empresas privadas como os da administración ou os da Universidade. Son os arqueólogos que non forman parte dos órganos fixos ou directivos destas institucións os que si poden ter malos soldos, e teñen malos soldos por que eses arqueólogos non pagan ben. A sociedade pode ter culpa de que a profesión de arqueólogo non estea como moitos queren, pero o certo é que a culpa principal é dos arqueólogos mesmos. Os arqueólogos deberíanse ver primeiro a eles mesmos antes de botar contra a sociedade. Os arqueólogos non son diferentes a outra profesións, onde tamén se cobran soldos moi dispares: sexa un profesor, un maquinista, un arquitecto ou un ceramista. Todo depende de para quen se traballe, para unhe empresa pública ou privada, para unha empresa forte ou débil. Son os arqueólogos os que queren soldos xustos, e son os mesmos arqueólogos os que non dan eses soldos xustos. Os arqueólogos tamén queren que o seu traballo sexa respectado como outros traballos desta sociedade capitalista. Pero, sen embargo, eu creo que a arqueoloxía non debe ser unha profesión coma outras profesións que son dirixidas polo capital e a economía. Hoxe en día a arqueoloxía é unha forma máis de sacar cartos, de gañar cartos, e tramén de enriquecerse. A profesión, o traballo arqueolóxico, está a ser mediatizado polas ganancias que produce. Estase desvalorizando o traballo arqueolóxico como tal en favor dun traballo económico. E isto non só o fan as empresas privadas (arqueólogos) ou os autónomos (arqueólogos) senón tamén a Administarción (arqueólogos), que cada vez parecen rexirse maís pola economía. A arqueoloxía debería de estar en mans públicas, regulada pola Administración e onde o peso das empresas privadas fose máis reducido. Eu estou a favor dunha arqueoloxía pública, unha arqueoloxía pública de intervención, de xestión, onde exista un corpo de arqueólogos e traballadores que realicen as intervencións, directamente desde a Administración, e deste xeito tamén se evitarían intermediarios, procesos burocráticos longos e outros pasos que producen un gasto económico que podería enfocarse a eses arqueólogos e persoal que podería traballar para a administración, tanto funcionarios como corpo de traballadores collidos por lista ou outro sistema. Este xeito de traballar tamén podería facilitar a comunicación coa sociedade, tanto en investigación como en divulgación e educación, pois a arqueoloxía será "máis" de todos. A Arqueoloxía non debe deixar de lado o seu romanticismo. Si, a profesión debe ser respectada, pero esta profesión necesita dese romanticsimo para que aqueles que traballen nela non se deixan levar polos cantos de sirea da economía e do capital. A arqueoloxía é unha profesión que ten unhas características especiais, sobre todo que traballa cun patrimonio que pertence á Administración, á sociedade en xeral, que debe obter un beneficio de todo iso. A arqueoloxía non debe deixarse enganar polo pasado, polas crenzas que se van asentando coas teorías que saen cada ano. A Arqueoloxía non debe permitir centrarse nas cautelas, debe controlar todo aquel movemento de terra que se realiza, pois está claro que non sabemos o que nos podemos atopar, por moito estudio que haxa feito. As xornadas que se celebran en Ourense, como outras manifestacións que están a surxir no últimos tempos e que poñen de manifesto as condicións actuais da profesión, non deben só quedarse no escalón máis baixo, deben mostrar toda a realidade, pois a rqueoloxía tamén da cartos e hai xente que se beneficia moito con ela. Mostremos todas as caras da arqueoloxía, e dese xeito os arqueólogos poderán coñecerse mellor a si mesmos. Os arqueólogos critican moita a Indiana Jones, ás imaxes da arqueoloxía tradicional, os estereotipos que se toman de Exipto... Eu pregúntome se non son eses estereotipos os que fan que moitos arqueólogos se queixen tanto, porque esta realidade choca coas súas idealizacións e así nos mostren as súas condicións tan duras de traballo. Todo o que se está movendo na arqueoloxía profesional pode redundar nunhas melloras dese traballo, pero esas reflexións non deben ser parciais, e moitas veces interesadas no beneficio dun dos sectores que traballan na arqueoloxía profesional. Debe darse unha visión de conxunto para tentar ver a realidade sen tanta deformación, e así conseguir os obxectivos que moitos se propoñen, e que benefician tanto ós profesionais como á sociedade e á profesión en si mesma.

Estas II Jornadas Arqueológicas están pensadas para promover la reflexión, dentro y fuera de las aulas, así que bienvenida la polémica y las reflexiones desde diversos puntos de vista.

2 comentarios:

  1. Bueno, pues bienvenido sea el debate y empecemos con él :P
    A mi me tocará hablar de muchas de esas cosas el miércoles en torno a la imagen pública de la arqueología... pero para ir abriendo boca.
    De acuerdo en prácticamente la totalidad de lo que expone la persona que escribió esta entrada. Sólo algunas matizaciones:
    -El modelo que propones es el modelo francés, que además no excluye al ámbito privado sino que lo integra como subcontratas de la propia administración, lo cual lleva a un control de precios que terminaría con muchos de los problemas económicos de los arqueólogos (porque hay muchos empresarios que tampoco cobran bien). Las listas de precios están fijadas y frente a los 35 euros hora que se establecen, rara vez se llega si quiera a la mitad.
    -La arqueología ya es pública. Dependemos en todo momento de la administración (in)competente, que es precisamente el punto en donde falla el sistema. Falta de regulación y control total.
    -Los estereotipos que nos afectan son culpa única y exclusivamente nuestra, porque aunque no hallamos creado alguno de ellos, tampoco hemos hecho nada para cambiarlos. Que la mitad estamos donde estamos por Indiana Jones (o por Lara Croft que en mi caso fue definitiva jeje), no lo voy a negar, pero el problema reside en nuestro desinterés y pasividad en la relación con la sociedad, que no tiene más remedio que aceptar los estereotipos que les presentan los medios.
    Pero bueno, ahora no me enrollaré mucho más que ya tendremos más tiempo de hablar el miércoles (espero que usted esté allí).
    Asín que eso, un tema interesante que sin duda aparecerá a lo largo de la mesa.

    ResponderEliminar
  2. Non sei se é relevante empezar dicindo esto, pero é a primeira vez que escribo un comentario en Internet (chámese foro, blog, etc.) e polo tanto é posible que me exceda na loxitude do texto e xa pido disculpas de antemán pola calidade da miña redacción. En todo caso anuncio que é corto en comparación con todo o que realmente me gustaría dicir e polo tanto vou a entrar a analizar só algúns dos aspectos que nela se tratan.

    Comecemos. O autor dí: “Eu tamén diría que os arqueólogos teñen bos soldos, están valorados e aportan cousas á sociedade. A visión que se ten de todo isto depende da perspectiva que se tome. Aqueles que se manifestan a favor dun soldo xusto é porque o seu soldo non é xusto. Quéixanse de que a arqueoloxía está mal pagada. Sen embargo, na maioría deses casos, os que se sinten mal pagados resulta que os seus pagadores son outros arqueólogos, que si están ben pagados. Os arqueólogos que están ben pagados cobran de promotores e de empresas privadas, que si teñen en consideración a eses arqueólogos e, estén de acordo ou non co que fan, o certo é que si os valoran. Pola contra, os arqueólogos mal pagados son mal pagados por xefes que son arqueólogos na maioría dos casos. É dicir, que se non se valora a profesión do arqueólogo é sobre todo porque non se valoran os profesionais a si mesmos. Os arqueólogos teñen bos soldos, tanto os das empresas privadas como os da administración ou os da Universidade. Son os arqueólogos que non forman parte dos órganos fixos ou directivos destas institucións os que si poden ter malos soldos, e teñen malos soldos por que eses arqueólogos non pagan ben.”

    Antes de nada considero moi importante dicir que son un deses arqueólogos-empresarios que ten un bo soldo a costa de pagar fatal aos seus empregados. Loxicamente a primeira parte desta frase é verdade (arqueólogo e empresario), a segunda é unha ironía (ter un bo soldo) e a terceira (pagar mal aos empregados) ten unha parte de realidade que intentarei explicar do mellor xeito posible. Descoñezo se a persoa que escribe esa afirmación leva moitos anos como arqueólogo profesional, se ten coñecemento do día a día da arqueoloxía profesional, empresarial, de xestión ou como diaños lle queramos chamar á nosa actividade, incluso se é arqueólogo. O que si podo asegurar é que semella non coñecer a actual realidade cotiá da arqueoloxía galega. Levo 21 anos traballando nesto e o único que teño en propiedade é un coche (comprado con cartos prestados pola miña familia), vivo de aluguer porque non teño vivenda en propiedade (non podo pagala), fai anos que non me podo ir de vacacións (ademáis da cuestión económica, nesta actividade é dificil abandoar o posto de traballo máis de 7-10 días seguidos), tiven que aprender (a paus) o que é a xestión dunha empresa sen ter unha mínima formación para elo (aseguro que, aínda que sexa pequena, unha empresa leva consigo moitas horas extras de administración, contas, problemas varios, etc. moi ingratos e non remunerados), sobrevivimos empresarialmente dende hai anos, grazas a unha liña de crédito que avalamos persoalmente; e unha última cousa de índole moi persoal: fai 1 mes que reiniciei o traballo logo de 18 meses recuperándome do exceso de horas, días e anos de traballo pouco recoñecido (pola sociedade, si), mal pagado e peor valorado. Con está útima afirmación e o nick (chámase así?) co que asino ao final deste comentario é posible que moita xente do ”mundo arqueolóxico galego” me recoñeza, pero iso é o de menos. Non podo soportar ler afirmacións tales como que “os arqueólogos que están ben pagados cobran de promotores (inmobiliarios?, de eventos deportivos?, de concertos pop?...) e de empresas privadas (de arqueoloxía?, de charcutería?, de distribución de lencería?...), que si teñen en consideración a eses arqueólogos (aos ben pagados, se supón) e, estén de acordo ou non co que fan (podo asegurar con rotundidade que non), o certo é que si os valoran (¿¿¿!!!!!!!???)”: acaso o razoamento é que como (supostamente) lles pagan ben significa que son valorados profesionalmente, socialmente…??. Pero o mellor chega agora: “Pola contra, os arqueólogos mal pagados son mal pagados por xefes que son arqueólogos na maioría dos casos. É dicir, que se non se valora a profesión do arqueólogo é sobre todo porque non se valoran os profesionais a si mesmos”. Sen rodeos, simplemente paréceme unha contradicción co “espíritu” altruista, idílico, anticapitalista e antimercantilista da carta, xa que o autor fai unha simple ecuación ao comparar valoración social e profesional con valoración económica; pero non só iso senón que, ademáis, afirma (ata dúas veces case seguidas) que son os propios arqueólogos (os empresarios, supónse) os que a pesares de cobrar moito dos promotores, logo non pagan ben ao persoal que contratan, ergo están a enriquecerse: esto último afírmoo eu (máis ben o supoño, xa que non coñezo ningún caso en Galicia no que esto se estea producindo). Segue con que “Os arqueólogos teñen bos soldos, tanto os das empresas privadas como os da administración ou os da Universidade”: non sei exactamente o que cobran os arqueólogos da Universidade e só coñezo o que cobra un (unha) da administración (outro dato para averiguar a miña identidade), pero si que sei o que cobro eu e non teño pudor nin vergonza para descubrilo cun sinxelo acertixo: máis de 1.100 e menos de 1.300 (euros ao mes, claro; e non, non teño beneficios empresariais: como xa vou polo aire, en caída libre, se alguén quere, e non é coña, facilítolle unha copia da miña nómina e/ou declaración da renda). Probablemente non debera dar este último dato, pero a estas alturas da presente carta e incluso da miña vida este tema dame bastante igual (espero que as miñas socias –outra pista para a miña identidade- se se enteran non se enfaden comigo). Para non facer máis farragoso o texto, non vou decir cantas horas lle dedico (lle dedicaba) ao meu traballo de enriquecemento. Por último, un aviso: se alguén non ten nada mellor que facer e ten o tempo e a paciencia de ler este texto e, incluso, se anima a facer algún comentario, por favor que non me poña que coñece algún caso de arqueólogo-empresario que se está facendo de ouro, etc., etc., etc. porque de habelos, seguro que se poden contar cos dedos dunha man á que lle faltan tres ou catro deses dedos.


    Imos coa segunda parte: “Hoxe en día a arqueoloxía é unha forma máis de sacar cartos, de gañar cartos, e tamén de enriquecerse. A profesión, o traballo arqueolóxico, está a ser mediatizado polas ganancias que produce. Estase desvalorizando o traballo arqueolóxico como tal en favor dun traballo económico. E isto non só o fan as empresas privadas (arqueólogos) ou os autónomos (arqueólogos) senón tamén a Administarción (arqueólogos), que cada vez parecen rexirse maís pola economía. A arqueoloxía debería de estar en mans públicas, regulada pola Administración e onde o peso das empresas privadas fose máis reducido”.

    En realidade a este párrafo xa lle contesto no anterior “rollo” que escribín. Trátase dunha reafirmación do mencionado antes pero sen trampas nin cartón: “hoxe en día a arqueoloxía é unha forma máis de sacar cartos, de gañar cartos, e tamén de enriquecerse”. Quererá o autor voltar aos tempos de Lord Carnavon ou Scheliemann onde unicamente se fixeran escavacións arqueolóxicas autofinanciadas por ricos “arqueólogos” ou mecenas da nobleza, onde traballaran arqueólogos xa non para non “enriquecerse” senón, incluso, que non necesitaran “gañar cartos” para subsistir?. Outra afirmación enervante é que “A profesión, o traballo arqueolóxico, está a ser mediatizado polas ganancias que produce”: con esta frase directamente se está dubidando, mellor dito negando, a ética profesional dos arqueólogos galegos (alomenos da maioría); non quero convertirme en portavoz dos meus compañeiros xa que dificilmente me represento a mín mesmo, pero substitúo a palabra “enervante” que aparece ao inicio deste parágrafo pola de “indignante” (soan parecido pero non son o mesmo). Por certo, máis abaixo afírmase algo máis inquietante, se cabe, ao asegurarse que esto non só sucede coas empresas e autónomos da arqueoloxía, senón tamén cos da administración: se isto último é certo e se teñen datos, o autor de tal afirmación debería poñelo en coñecemento dun xulgado ou dos servizos xurídicos da Xunta de Galicia porque é algo moi grave (eu, e supoño que o resto do colectivo, apoiaría esta iniciativa). De tódolos xeitos, logo desta descarga de artillería contra a administración, a seguinte frase que aparece contradí o anteriormente citado: “A arqueoloxía debería de estar en mans públicas, regulada pola Administración (¿?) e onde o peso das empresas privadas fose máis reducido (¿¿??)”. Que eu saiba, se non cambiaron as cousas nestes últimos 18 meses ou non quedei tan tocado como cría, a xestión do patrimonio arqueolóxico xa está en mans da administración pública.


    Para rematar tiña escollidos outros dous parágrafos, que simplemente vou a repetir aquí para que os lectores, se chegaron ata aquí vivos e sen liarse demasiado coa miña penosa redacción, reflexionen por si mesmos: “A Arqueoloxía non debe deixar de lado o seu romanticismo. Si, a profesión debe ser respectada, pero esta profesión necesita dese romanticismo para que aqueles que traballen nela non se deixan levar polos cantos de sirea da economía e do capital”. E non solum, sed etiam: “non deben só quedarse no escalón máis baixo, deben mostrar toda a realidade, pois a arqueoloxía tamén da cartos e hai xente que se beneficia moito con ela”. Por todos os deuses!, que me estiven perdendo nestes últimos 21 anos?. Por certo, o autor debería facer unha nova carta onde explique como solucionar todos os problemas que plantea. Hai algúns moi relevantes: canto debe gañar un arqueólogo para que, por unha banda, non se enriqueza e, pola outra, non morra de inanición?. Canta é a cantidade eticamente aceptable?. Os arqueólogos que se están a enriquecer fanno dun xeito eticamente aceptable ou miran para outro lado ocultando información que poida poñer trabas ao mercado inmobiliario?. Máis demagoxia pola miña parte: os profesores universitarios, ao facer unha escavación arqueolóxica, non están cobrando por elo a través do seu salarario como funcionarios da Universidade (podo asegurar que bastante máis ca mín e, alomenos, o 99% dos arqueólogos). Cremos que as intervencións arqueolóxicas feitas por profesores universitarios son técnica e metodoloxicamente mellores que as que realizan os “arqueólogos de empresa”? (estoume metendo onde non me chaman). Se todos os arqueólogos foran funcionarios da administración, serían mellores as intervencións levardas a cabo?. Canto deberían cobrar?. Quen pagaría as intervencións?, a propia administración con cartos públicos?, os promotores xestionando esa financiación directamente? ou a través dos organismos da administración?... Como podemos ver, unha vez que salta a lebre esta corre “que se las pela” e moi difícil de cazar.
    Pido mil perdóns, sinceros, se teño molestado a alguén (incluido o autor da reflexión “nai de todas as batallas”) pero podo asegurar que non foi a miña intención. Tamén espero e desexo que os que me recoñecérades non me abronquedes a próxima vez que nos vexamos e podamos debatir todas estas cuestións como sempre o fixemos: con sinceridade e coñecemento de causa.
    Esquecíame do máis importante: felicitar aos alumnos de Historia da Facultade de Ourense por esta e outras iniciativas que serven para crear debate, sen o cal a Universidade estaría morta (un sáudo especial para Marta que é a única que coñezo, extensible aos seus compañeir@s e á súa profesora Beatriz Comendador). Unha suxerencia final: intentade empregar un pouco máis o galego. Grazas: Santiago.

    ResponderEliminar